
Os modelos comerciais son actualmente de dous tipos:
de compactación, cunha masa de po que se compacta por estratos.
de adición, ou de inxección de polímeros, nas que o propio material se engade por capas.
Segundo o método empregado para a compactación do po, pódense clasificar en:
Impresoras 3D de tinta: utilizan unha tinta aglomerante para compactar o po. O uso dunha tinta permite a impresión en diferentes cores.
Impresoras 3D láser: un láser transfire enerxía ao po facendo que se polimerice. Despois somérxese nun líquido que fai que as zonas
polimerizadas se solidifiquen.
Unha vez imprimidas todas as capas só hai que sacar a peza. Con axuda dun aspirador retírase o po sobrante, que se reutilizará en futuras impresións.
Vídeo explicativo do funcionamento dunha impresora 3D:
Ningún comentario:
Publicar un comentario